Novo prototipo AulaeComercio!!

Comtinuando co proxecto para facilitar ferramentas para o ensino de comercio electrónico, vimos de desenvolver un novo prototipo de panel de aplicacións. Polo de agora chamámoslle Aula-eComercio, xa que actualiza e amplía AulaPrestaShop permitindo agora tamén xerar instalacións de WordPress. A idea é que así alumnado e profesorado poidan dispoñer instalar tamén tendas online utilizando o plugin WooCommerce.

Instalación

A idea de instalación e funcionamento é similar á detallada na documentación de AulaPrestaShop, con parecidos requisitos, utilizando neste caso un servidor privado virtual (VPS) con Debian 10 e actualizando algunhas versións do software do servidor.

Unha vez acadado o servidor VPS e apuntado o dominio elexido, para executar o script de instalación, accedemos por SSH ao servidor e introducimos os seguintes comandos:

wget https://aulaecomercio.ga/descargas/instalar.sh
chmod +x instalar.sh
sh instalar.sh

Se tes problemas para facelo funcionar podes contactarnos e estudiaremos o mellor xeito para guiarte na instalación, xa sexa presencial ou telemáticamente. Consúltanos en aguado@edu.xunta.es!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *