O mércores desta semana terá lugar un novo obradoiro de Aula PrestaShop, esta vez en Santiago de Compostela, no IES Pontepedriña.
Neste caso o obradoiro será a guinda dunha colaboración que xa comezou meses atrás cando, de xeito telemático, púxose en marcha unha nova instalación de Aula PrestaShop que profesorado e alumnado deste centro santiagués veu utilizando satisfactoriamente durante este tempo.
Ao longo desta xornada, seguindo o esquema dos anteriores obradoiros, poderase profundizar en cuestións técnicas de instalación e uso da ferramenta, presentaranse melloras incorporadas desde a instalación levada a cabo inicialmente, e poñerase en valor a experiencia do propio IES Pontepedriña para tela en conta para posibles melloras futuras.