Obradoiro no CIFP Rodolfo Ucha de Ferrol

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de FerrolO vindeiro xoves 25 de xaneiro, se todo vai como o previsto, impartirase no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol un primeiro obradoiro para realizar unha nova instalación de Aula PrestaShop, o panel de tendas online con PrestaShop para uso didáctico.

Durante un máximo de 4 horas levaranse a cabo de xeito guiado as tarefas requeridas para replicar o sistema segundo as necesidades concretas da audiencia do obradoiro, complementando a práctica coas explicacións teóricas necesarias para ser quen de administrar o sistema que poderá quedar funcionando ao rematar a xornada.

Programa

Con estes obxectivos en mente, o programa organízase en principio nos seguintes apartados:

  1. Introdución
  2. Hosting VPS en Digital Ocean
  3. Dominios e subdominios
  4. Configuración do servidor
  5. Instalar panel de tendas
  6. Uso, administración e monitorización
  7. Conclusións e propostas de mellora

Requisitos

Para poder desenvolver o programa será necesario cumprir cos seguintes requisitos (aínda que para algúns poderíanse procurar as alternativas que se indican):

  1. Conta de Paypal ou tarxeta de crédito para contratar o hosting VPS en Digital Ocean. A opción recomendade é contratar o hosting durante o propio obradoiro baixo a guía do relator. Este é un requisito imprescindible para deixar o sistema de tendas funcionando, doutro xeito só se podería facer unha demostración da instalación e funcionamento desde a conta do propio relator.
  2. Dominio de primeiro nivel coa posibilidade de crear novos subdominios (ou rexistros DNS tipo A) que apunten á dirección IP do servidor VPS que se contrate. Se xa se dispón dun dominio será preciso dispór das claves para poder administralo. En caso contrario, pódese contratar un dominio de pago durante o obradoiro ou rexistrar un gratuito en Freenom.
  3. Aula de ordenadores con polo menos un equipo con acceso libre a Internet que permita o protocolo SSH para levar a cabo a instalación e configuración inicial do servidor VPS.  Esta é a opción preferida e máis rápida, pero se o acceso estivera limitado e non se puidera utilizar o protocolo SSH, aínda poderíase configurar o servizo desde o panel de control web de Digital Ocean.

Software

Para este obradoiro preparouse unha nova versión mellor empaquetada de Aula PrestaShop que se pode descargar na seguinte ligazón:

O paquete inclúe un script bash que automatiza case toda a instalación nunha máquina Debian (ou equivalente), agás a creación dos rexistros DNS e a configuración posterior de número de aulas e tendas por aula.

O script está comentado para unha mellor comprensión e pode descargarse na seguinte ligazón:

Utilizando o script pódese instalar Aula PrestaShop rápidamente executando os seguintes comandos e seguindo as instrucións en pantalla:

wget https://aulaprestashop.ga/descargas/instalar.sh
chmod +x instalar.sh
sh instalar.sh

Nos equipos nos que o comando wget poida dar problemas polo certificado pódese usar o parámetro –no-check-certificate

Próximamente máis e mellor documentación…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.