Obradoiro no CFR de Pontevedra

CFR PontevedraO pasado martes, no marco doutro grupo de traballo, esta vez con sede no IES Chan do Monte, tivo lugar outro obradoiro sobre a ferramenta Aula PrestaShop, que se celebrou nas instalacións do CFR de Pontevedra.

Na sesión presentáronse algunhas novidades da ferramenta, que agora utiliza a última versión de PrestaShop (1.7.2.4.). Durante a demo, utilizouse un novo script que automatiza e axiliza un pouco máis o proceso de implantación dun novo sistema de tendas, ao tempo que se correxiron algúns erros no mesmo. E por último tamén se fixeron propostas de mellora, tanto técnicas como funcionais que poderán aplicarse en futuras versións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.