Aula PrestaShop en FP Innova

Esta semana Aula PrestaShop estará presente no Congreso FP Innova, que se celebrará na Cidade da Cultura do 25 ao 27 de abril, como parte da presentación do proxecto de innovación do que xurdíu.

Será o xoves 26 ás 17:30, na sala Congreso da 1ª planta do edificio CINC, baixo o título «Tenda electrónica en rede», e contará coa participación do responsable e promotor do proxecto de innovación, Antonio Mandías, xunto co creador da ferramenta desenvolvida, Óscar Núñez.

Actualización:

Como proba do noso paso pola edición 2018 de FP Innova deixamos aquí algunhas fotografías da nosa exposición no congreso:

Unha exposición en parte accidentada xa que, por algún erro de comunicación, os responsables do congreso non recibiron a nosa presentación, o que nos obligou a improvisar algúns dos contidos. A continuación engadimos o vídeo completo.