Novo prototipo AulaeComercio!!

Comtinuando co proxecto para facilitar ferramentas para o ensino de comercio electrónico, vimos de desenvolver un novo prototipo de panel de aplicacións. Polo de agora chamámoslle Aula-eComercio, xa que actualiza e amplía AulaPrestaShop permitindo agora tamén xerar instalacións de WordPress. A idea é que así alumnado e profesorado poidan dispoñer instalar tamén tendas online utilizando o plugin WooCommerce.

Instalación

A idea de instalación e funcionamento é similar á detallada na documentación de AulaPrestaShop, con parecidos requisitos, utilizando neste caso un servidor privado virtual (VPS) con Debian 10 e actualizando algunhas versións do software do servidor.

Unha vez acadado o servidor VPS e apuntado o dominio elexido, para executar o script de instalación, accedemos por SSH ao servidor e introducimos os seguintes comandos:

wget https://aulaecomercio.ga/descargas/instalar.sh
chmod +x instalar.sh
sh instalar.sh

Se tes problemas para facelo funcionar podes contactarnos e estudiaremos o mellor xeito para guiarte na instalación, xa sexa presencial ou telemáticamente. Consúltanos en aguado@edu.xunta.es!!

Aula PrestaShop en FP Innova

Esta semana Aula PrestaShop estará presente no Congreso FP Innova, que se celebrará na Cidade da Cultura do 25 ao 27 de abril, como parte da presentación do proxecto de innovación do que xurdíu.

Será o xoves 26 ás 17:30, na sala Congreso da 1ª planta do edificio CINC, baixo o título «Tenda electrónica en rede», e contará coa participación do responsable e promotor do proxecto de innovación, Antonio Mandías, xunto co creador da ferramenta desenvolvida, Óscar Núñez.

Actualización:

Como proba do noso paso pola edición 2018 de FP Innova deixamos aquí algunhas fotografías da nosa exposición no congreso:

Unha exposición en parte accidentada xa que, por algún erro de comunicación, os responsables do congreso non recibiron a nosa presentación, o que nos obligou a improvisar algúns dos contidos. A continuación engadimos o vídeo completo.

Actualización script de instalación

Nos últimos días detectouse un problema coas tendas do panel. Resulta que desde o panel de administración non era posible instalar algúns módulos como o 1-Click Upgrade.

O problema estaba en que a instalación deste módulo requería os paquetes zip e php-zip que non se incluían no script de instalación de Aula PrestaShop.

Unha vez correxido o script instalar.sh para incluir estes dous paquetes as novas instalacións de Aula PrestaShop xa funcionan correctamente.

Obradoiro no IES Pontepedriña de Santiago

IES PontepedriñaO mércores desta semana terá lugar un novo obradoiro de Aula PrestaShop, esta vez en Santiago de Compostela, no IES Pontepedriña.

Neste caso o obradoiro será a guinda dunha colaboración que xa comezou meses atrás cando, de xeito telemático, púxose en marcha unha nova instalación de Aula PrestaShop que profesorado e alumnado deste centro santiagués veu utilizando satisfactoriamente durante este tempo. Continuar leyendo «Obradoiro no IES Pontepedriña de Santiago»

Adaptacións de Aula PrestaShop do CIFP Rodolfo Ucha

A partires do obradoiro sobre Aula PrestaShop levado a cabo no CIFP Rodolfo Ucha, e froito tamén de colaboracións posteriores, o profesor de informática do centro ferrolán Ero Sante ven de adaptar a ferramenta ás características específicas do seu hosting contratado con CubeNode.

VPS España, Reseller SSD, Servidores Virtuales SSD. Continuar leyendo «Adaptacións de Aula PrestaShop do CIFP Rodolfo Ucha»

Obradoiro no CFR de Pontevedra

CFR PontevedraO pasado martes, no marco doutro grupo de traballo, esta vez con sede no IES Chan do Monte, tivo lugar outro obradoiro sobre a ferramenta Aula PrestaShop, que se celebrou nas instalacións do CFR de Pontevedra.

Na sesión presentáronse algunhas novidades da ferramenta, que agora utiliza a última versión de PrestaShop (1.7.2.4.). Durante a demo, utilizouse un novo script que automatiza e axiliza un pouco máis o proceso de implantación dun novo sistema de tendas, ao tempo que se correxiron algúns erros no mesmo. E por último tamén se fixeron propostas de mellora, tanto técnicas como funcionais que poderán aplicarse en futuras versións.

Obradoiro no CIFP Rodolfo Ucha de Ferrol

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de FerrolO vindeiro xoves 25 de xaneiro, se todo vai como o previsto, impartirase no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol un primeiro obradoiro para realizar unha nova instalación de Aula PrestaShop, o panel de tendas online con PrestaShop para uso didáctico.

Durante un máximo de 4 horas levaranse a cabo de xeito guiado as tarefas requeridas para replicar o sistema segundo as necesidades concretas da audiencia do obradoiro, complementando a práctica coas explicacións teóricas necesarias para ser quen de administrar o sistema que poderá quedar funcionando ao rematar a xornada. Continuar leyendo «Obradoiro no CIFP Rodolfo Ucha de Ferrol»

Actualizando PrestaShop

module - Data migration & Backup - 1-Click Upgrade - 1Aula PrestaShop permite crear facilmente multitud de tiendas con rapidez. En el momento de escribir esta entrada, todas las tiendas creadas son réplicas de una tienda empaquetada y preinstalada usando la versión 1.7.1.2 de PrestaShop (Verano de 2017).  Con el tiempo han ido apareciendo nuevas actualizaciones de PrestaShop que será necesario aplicar a las tiendas originales. La manera de hacerlo recomendada por PrestaShop es utilizar el módulo 1-Click Upgrade. Continuar leyendo «Actualizando PrestaShop»