A partires do obradoiro sobre Aula PrestaShop levado a cabo no CIFP Rodolfo Ucha, e froito tamén de colaboracións posteriores, o profesor de informática do centro ferrolán Ero Sante ven de adaptar a ferramenta ás características específicas do seu hosting contratado con CubeNode.
Unha das peculiaridades do hosting contratado é que utiliza un panel de control Plesk para administrar o servidor, sobre o que corren, entre outros, os servizos web Apache e Nginx. Para que todo funcionara correctamente houbo que refacer os scripts atendendo a cambios de rutas, modificacións en arquivos .htaccess, etc.
Por cortesía de Ero, achegamos aquí o código da versión final adaptada:
- Aula PrestaShop Adaptado a Cubenode (64,6 MB)